TEMA 11 DIDÁCTICA
Benvid@s de novo a este blog! Na entrada de hoxe falaremos sobre o Tema 11. A avaliación adoita ser a parte menos agradable da docencia e a que eu, antes destas sesións, vía como a parte máis aburrida. Se pensades coma min, quedádevos a ler a entrada e quizais cambiedes de opinión!
Unha vez sabido o
significado de todas elas, centrarémonos na avaliación formativa, pois é a que
máis xogo pode dar e á que estamos menos acostumados. Como dixemos, nesta
avaliación o feedback é
especialmente importante porque permite que o alumnado avance de forma contínua.
O feedback pódese dar de distintas maneiras: notas, comentarios, informes,
etc., pero... cal é o mellor método?
Na clase vimos en que
consistía o experimento de Ruth
Butler (1988), no que un grupo de alumnos recibía unha nota, outro
recibía comentarios e un terceiro grupo recibía nota e comentarios. Mediante
unha enquisa, intentamos predicir con que feedback
aprenderon máis: a metade da clase pensou que sería mediante comentarios e
nota, mentres que a outra metade pensou que soamente cos comentarios. O
experimento constatou que a mellor opción era a última, pois o alumnado
mellorou o seu traballo posteriormente. Cando recibimos unha cualificación, a
pesares de ter comentarios que explican os nosos erros, soamente nos fixamos na
nota e non temos en conta como mellorar. Por tanto, o mellor é poñer soamente
comentarios para obrigar aos estudantes a ler detidamente os fallos e así poder
reflexionar.
Existen diversas formas
de incorporar a avaliación formativa na aula, pero gustaríame centrarme en
dúas: autoavaliación e coavaliación. A autoavaliación
permite avaliar o progreso de aprendizaxe propio, aspecto fundamental tendo en
conta que só é posible avanzar ao ser conscientes do que necesitamos aprender.
Este tipo de avaliación promove a responsabilidade, a independencia e a
activación do aprendiz e permite interiorizar contidos. Non obstante, eu
considero que a autoavaliación é un método bastante complicado de implantar na
aula porque, á hora de avaliarnos a nós mesmos, adoitamos ser moi inseguros e
caer na infravaloración. Pola súa banda, a coavaliación
consiste na corrección entre iguais, é dicir, entre compañeiros. Esta técnica
paréceme moi interesante porque axuda a potenciar o rol do alumno no proceso de
aprendizaxe, é dicir, o estudante ponse no lugar do profesor e participa de
maneira activa na avaliación. Ademais, o feito de corrixir o traballo doutra persoa
obrígao a clarificar conceptos estudados, pois ten que reflexionar e explicarllos
aos compañeiros. Persoalmente, como discente apenas experimentei estes tipos de
avaliación, aínda que a docencia que vivín foi maioritariamente tradicional,
baseada na avaliación sumativa e nun só método de avaliación. Polo tanto, á
hora de levar a cabo clases dinámicas nas que o alumnado sexa o protagonista e
teña un papel activo, a autoavaliación e coavaliación serán sempre benvidas.
Agora que xa sabemos máis
sobre a avaliación, falaremos sobre os instrumentos que podemos utilizar para
avaliar. Dende que comezamos o mestrado, todos os profesores fixeron fincapé no
uso de rúbricas, polo que cando neste tema nos adentramos nos instrumentos de avaliación, parámonos
neste aspecto. Unha rúbrica é unha
táboa que describe distintos niveis de calidade dun conxunto de criterios para
poder avaliar procesos e produtos no proceso de aprendizaxe. Se queredes
afondar máis no tema, inclúo unha rúbrica
para facer rúbricas e o repositorio de rúbricas do INTEF.
Cabe destacar que moitas
veces confundimos as rúbricas coas escalas, pero estas últimas non son
descritivas, senón que indican o grao de validez dunha acción con palabras
como: ás veces, sempre, moito, pouco... Noutros termos, as escalas utilizan
descritores cuantitativos e son moito menos específicas que as rúbricas.
A continuación inserto unha presentación que explica algúns instrumentos de avaliación e na que podedes ver a diferenza entre unha escala e unha rúbrica exemplificada:
Para entender mellor as
rúbricas, na clase vimos un exemplo dunha rúbrica para avaliar unha cookie de
chocolate. Puidemos ver que avaliabamos distintos aspectos e que a diferenza
entre os distintos niveis non era cuantitativa, senón descritiva. A modo de ilustración,
a diferenza de textura entre unha cookie perfecta e unha moi boa é que a
primeira é crocante, suculenta pero non aceitosa, pero a segunda, a pesares de
ser crocante, non posúe a característica de ser suculenta pero non aceitosa.
Son diferenzas moi concretas e non se basean no grao de adquisición (como «pouco
suculenta», «moi suculenta»), senón que se trata de describir de maneira exacta
as características necesarias para o nivel correspondente.
Finalmente, tivemos que
crear nós unha rúbrica. Na entrada do tema 3 comentaba que fixeramos unha actividade de mediación, pois ben, esta
vez tivemos que crear unha rúbrica para avaliar esa tarefa. Ao rematar, a
profesora comentounos que debiamos ser máis específicas porque nas nosas descricións
non se vía claramente a relación con esa actividade en concreto. Aínda así, era
a primeira rúbrica que faciamos, polo que a medida que vaiamos practicando
iremos mellorando e sempre teremos a man os apuntamentos destas sesións. En
relación coa mesma actividade de mediación, respondemos ás seguintes cuestións
sobre a avaliación formativa:
En conclusión, neste tema aprendemos aspectos moi importantes sobre a avaliación que, a pesares de ser a función que menos nos gusta desempeñar a todos, é necesaria. Así mesmo, creo que estas sesións serviron para que lle perdamos o medo a avaliar e que comprendamos que esta actividade non ten por que ser aburrida e repetitiva, senón que podemos realizala de mil maneiras distintas!
Ola, Sabela! Moitas grazas por ler a miña entrada e deixar un comentario. Creo que por desgraza todos coincidimos na nosa experiencia nunha ensinanza tradicional baseada na avaliación sumativa. De todas formas, creo que nós non repetiremos eses erros cando exerzamos a docencia e grazas a este tema poderemos levar á práctica todas as técnicas que se poden realizar na avaliación formativa. Alégrome de que che servise de axuda a presentación que incluín sobre as diferenzas entre rúbrica e escala, eu tamén tiña algunhas dúbidas :)
ResponderEliminarUnha aperta forte!!
¡Hola, Uxía! Antes de nada, enhorabuena por tu entrada, has comentado de manera muy amena y completa los apartados fundamentales de este tema.
ResponderEliminarComparto contigo, y como dijo Sabela, la experiencia de una evaluación mayoritariamente sumativa, donde si bien había algún punto destinado a una presentación o lectura de un libro, lo que importaba al final del trimestre y del curso era el examen.
En cuanto a la autoevaluación y coevaluación, creo que ambas llevan tiempo y trabajo, pero sus beneficios podrían ser muy grandes en el alumnado. De la coevaluación me gustó la técnica 'sándwich' que comentó Cristina en clase, y que consiste en decir dos cosas buenas y una que se podría mejorar sobre el trabajo de otro/a compañero/a. Creo que al corregirse entre ellos/as pueden ser conscientes de cosas que uno/a mismo/a podría mejorar, y que también puede contribuir a aumentar su autoestima y motivación . Sin duda, me gustaría poder llevarlas a cabo en el aula en un futuro.
Por otro lado, gracias por incluir la presentación sobre los instrumentos de evaluación, me parece un ejemplo perfecto de que es totalmente innecesario reducir toda la nota de una asignatura a un examen tradicional (donde los nervios pueden jugar muy malas pasadas), habiendo tanta variedad de recursos para llevar a cabo la evaluación.
Además, me encantó el ejemplo que vimos en clase sobre la rúbrica para evaluar cookies, como mencionas, ya que no me esperaba que se tuviesen un uso tan amplio, ¡hasta para catar vinos!
¡Un saludo! :)
Ola, Ana! Moitas grazas por lerme e deixar un comentario. Como lle comentaba tamén a Sabela, creo que todas temos a mesma experiencia en canto á avaliación, e por iso consideramos este tema tan importante para a nosa formación. Moitas grazas tamén por engadir a técnica "sándwich", a verdade é que na clase aprendemos moitísimas técnicas de avaliación moi útiles e interesantes! Unha aperta forte.
EliminarOla Uxía, son Pablo Mouriño.
ResponderEliminarGrazas pola túa entrada, pareceume moi completa e interesante. Destacaría a inclusión da presentación sobre os instrumentos de avaliación, foi un complemento perfecto á lectura da túa entrada e ás explicacións nas sesións do tema. Estou totalmente de acordo sobre a túa opinión sobre a autoavaliación, é certo que teñe moito potencial e pode ser un método fantástico para fomentar a responsabilidade do alumnado, pero a min tamén paréceme moi complicado implantala e penso que require dun gran esforzo docente. Tamén, como comentaron outras compañeiras, eu experimentei maiormente a avaliación sumativa durante a miña etapa coma discente e as poucas veces que utilizara a autoavaliación ou coavaliación sempre valorei dunha manera positiva o cambio de dinámica e a maior responsabilidade na aula, polo tanto, trataréi de implementar estes métodos nas miñas programacións no futuro.
De novo, parabéns pola túa entrada. Saúdos, Pablo.
Ola, Pablo! Moitas grazas polo teu comentario. Alégrome moito de que vos gustase a presentación que incluín sobre os instrumentos de avaliación. Estou de acordo contigo, ao vivir sempre o mesmo método de avaliación sumativa, sempre é de agradecer cando un/ha docente intenta cambiar a dinámica. Estou segura de que este tema será moi útil para aplicar nas aulas! Unha aperta :)
Eliminar