TEMA 3 DIDÁCTICA

Benvid@s de novo a este blog! Na entrada de hoxe centrarémonos nos contidos do terceiro tema da materia, no que nos adentramos nos distintos tipos de actividades que podemos realizar nunha aula de idiomas. Así mesmo, analizaremos as tarefas realizadas ao longo desta unidade e exporemos as conclusións extraídas.

1. Mediación

Comezamos a sesión falando da mediación. Normalmente, cando pensamos na aprendizaxe dun idioma, pensamos nas destrezas de comprensión e expresión oral e escrita, pero o MCER e o Companion volume falan de comprensión, expresión, interacción e mediación. Esta última é unha destreza novedosa que se entende como unha estratexia para crear pontes que permitan a comunicación e que actualmente está presente no currículo das EOI. A mediación pode ser interlingüística ou intralingüística e pode clasificarse en tres tipos segundo os seus obxectivos: mediar textos, mediar conceptos ou mediar comunicación.

O enfoque adoptado no MCER céntrase na acción, é dicir, os aprendices dunha lingua considéranse axentes sociais, pois teñen que levar a cabo tarefas nunhas circunstancias e nun contexto determinado. Este enfoque dá importancia á co-construción do significado a través da interacción, xa que é a base da aprendizaxe das linguas. Ademais, conforme un aprendiz vai expandendo a súa experiencia lingüística nos ámbitos culturais, desenvolve unha competencia comunicativa na que as linguas se relacionan e interactúan (plurilingüismo).


Para practicar a mediación, primeiro analizamos por grupos unhas actividades de mediación e, despois, deseñamos unha actividade de mediación real. No meu grupo creamos unha actividade que consistía en escribir un correo electrónico a un/ha amigo/a estranxeiro/a que pasará o Nadal en Galicia. O alumnado debe explicar neste correo en que consiste a tradición dos Reis Magos (inexistente nos países anglosaxones) e, para a súa realización, poden apoiarse na información dunha infografía que lles entregamos previamente. Aínda que a primeira vista a temática poida parecer sinxela, a realidade é que mediar e explicar aspectos que non existen na cultura meta dálle unha dificultade extra ao traballo. Se queredes saber máis información desta actividade, podedes clicar aquí e ler o apartado do Grupo 1.

2. Comprensión escrita e oral

Despois da mediación, introducímonos na comprensión escrita e oral. En primeiro lugar, diferenciamos a lectura/escoita extensiva da lectura/escoita intensiva: a primeira refírese á lectura/escoita máis atenta; mentres que a segunda refírese é lectura/escoita para comprender o sentido xeral. Segundo o tipo de comprensión que busquemos por parte do alumnado, as actividades serán diferentes, pois podemos querer que capten as ideas principais (skimming) ou que busquen información específica (scanning).

En canto ás actividades de comprensión escrita, debe haber unha presentación/familiarización, unha primeira lectura para comprobar as predicións, unha segunda lectura para traballar máis a fondo co texto e, en último lugar, unha post-lectura que consiste en realizar algunha actividade a partir do aprendido. Pola súa banda, a estrutura da comprensión oral é moi parecida: familiarización para a pre-escoita, unha primeira escoita para as ideas principais, unha segunda escoita para as actividades máis específicas e unha posta en común.


De novo para asentar estes conceptos tivemos que crear unha actividade de comprensión por grupos. No noso caso, decidimos partir dunha escena da serie Friends. Pensamos que como precomprensión reproduciriamos o vídeo sen son para que o alumnado, guiado polas preguntas da docente, puidese debater sobre o que pensan que está a pasar na escena. A parte de comprensión dividímola en dúas actividades: a primeira consistía en responder unhas preguntas sobre o ocorrido no vídeo e a segunda nunha actividade de vocabulario, na que a partir do guión terían que unir palabras que saen nel con sinónimos proporcionados por nós. En último lugar, tamén incluímos unha actividade de poscomprensión relacionada con todo o traballado anteriormente na que practicarán tanto produción coma comprensión oral. Se queredes botarlle unha ollada á actividade completa, aquí a tedes!

3. Expresión e interacción escrita e oral

O último tipo de actividades que revisamos foron as de expresión e interacción oral e escrita. Estas actividades consumen moito tempo da aula, polo que normalmente mandarémolas de deberes para que as poidan realizar con calma. De todas formas, na clase podemos facer pequenas actividades de expresión, como os contos encadeados ou os blogs colaborativos. En relación con este aspecto, nós tivemos que pensar nunha actividade de expresión escrita, en concreto, o meu grupo tiña que pensar nunha tarefa relacionada cunha reseña. Pensamos en comezar unha sesión falando co alumnado sobre películas, libros e series e preguntándolles cales son as súas favoritas. Despois dividiríamolos en grupos para que escribiran unha pequena reseña dunha película ou libro que lles guste. Por último, faríamos un taboleiro con todas as reseñas e poñeríamolo no corredor do centro para que os demais alumnos puideran lelo. Desta maneira traballarían a expresión escrita dunha maneira amena ao tratar unha temática atractiva para eles.

En último lugar, as actividades de expresión e interacción oral son as máis importantes nas clases de linguas estranxeiras. Son moi versátiles e pódense incluír en todo momento, xa que podemos aproveitar calquera ocasión para incitar ao alumnado a falar na lingua meta, xa sexa sobre experiencias persoais, explicacións de imaxes, etc. Para levar estes contidos á práctica, tivemos que ler algunhas actividades breves de expresión, elixir a nosa favorita e contarlla a algunhas compañeiras. No meu caso, a que máis me chamou a atención foi «What's the question?»; nela, a docente debe pensar e escribir tantas preguntas sobre un tema como alumnos haxa na clase. A profesora entregará un papel cunha pregunta distinta a cada alumno, e estes deberán escribir noutro papel a resposta. Despois, desvelaremos a temática e, por parellas, farán unha chuvia de ideas sobre as preguntas que pode haber. Finalmente os estudantes levantaranse coa súa resposta diante e, a partir das respostas que ven dos seus compañeiros, deberán ir facéndolles preguntas ata adiviñar a pregunta orixinal. Así, o alumnado practica a expresión oral dunha forma divertida a partir dunha especie de xogo.


En conclusión, este tema pareceume moi interesante, pois afondamos nun novo concepto como é a mediación e fixemos un percorrido por todos os tipos de actividades que podemos realizar na aula. Ademais, vimos moitos exemplos que poderemos aplicar no noso futuro como docentes e tivemos a oportunidade de deseñar actividades nós mesmos para poñer en práctica todo o aprendido.

Comentarios

  1. ¡Hola Uxía! Muy buen resumen de lo que hemos visto. Completamente de acuerdo en que ha sido provechoso para nuestra futura labor docente. Me gusta mucho la actividad que habéis planteado para trabajar la comprensión oral. Friends es una serie que nunca pasa de moda y, a mi juicio, muy adecuada para iniciarse en el idioma. Además, trabajáis indirectamente el vocabulario mediante un vídeo, algo que, por comodidad, no suelen hacer por ellos mismos cuando están visionando un vídeo. Me parece también muy bueno que lo vean una primera vez sin sonido para que practiquen otras habilidades que no sean las puramente lingüísticas, que se fijen en lo paratextual y en el lenguaje no verbal. ¡Mi enhorabuena por el trabajo y por tu entrada!

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola, Rocío! Muchas gracias por leer mi entrada y dejarme un comentario. Me alegro mucho de que te haya gustado la actividad de comprensión oral que ha planteado mi grupo. He visto que en el tuyo también echasteis mano de una serie y considero que es una muy buena opción para trabajar en clase y que nos abre un gran abanico de posibilidades.
      ¡Un abrazo!

      Eliminar
  2. Hola Uxía! Tu entrada resume muy bien lo que hemos visto en este tema 3 que es el que más me gustó. La mediación es una parte esencial en la enseñanza de lenguas extranjeras y aún que tuviéramos una idea previa de lo que es siento que pudimos aprender más y sobre todo aspectos y actividades concretas cómo las que presentas en tu entrada. Ahora solo nos queda aplicarlas a nuestras clases.
    Saludos :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola, Léo! Muchas gracias por leerme y dejar un comentario. Creo que la mediación ha sido un aspecto que nos ha llamado la atención a todas, pues nunca habíamos oído hablar de ella a pesar de su importancia a la hora de aprender idiomas. Estoy segura de que la aplicaremos en nuestras clases, tenemos muchas ideas muy buenas en nuestras actividades :)
      ¡¡Un abrazo!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares