TEMA 5: DIARIO

Benvid@s de novo a este blog! Na entrada do dossier comentabamos que a primeira actividade que realizamos do tema trataba sobre o currículo e as súas características. Considero que este tema é básico para a nosa formación, polo que nesta entrada intentarei esbozar un esquema sobre a información recollida na clase.

O currículo é un documento que regula os elementos que determinan os procesos de ensinanza-aprendizaxe para as ensinanzas. Os seus elementos son os obxectivos, os contidos, as competencias clave,  a metodoloxía, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe. Como dato curioso, coa nova lei (LOMLOE) que se implantará pronto, os estándares de aprendizaxe desaparecerán do currículo. Esta noticia pode ser un pequeno «alivio» para nós, futuros/as opositores/as, e para todo o corpo docente, pois xa puidemos comprobar á hora de realizar unha Unidade didáctica que resulta moi complexo encaixar todas as pezas do currículo con estes estándares.

En canto ás competencias clave, estas son o eixo do currículo, pois nós como docentes temos que asegurarnos de traballalas en toda a nosa materia para favorecer ao desenvolvemento integral do alumnado. A continuación nomearei as sete competencias clave e, se clicades nelas, poderedes acceder a unhas infografías realizadas polo Ministerio de Educación que as explican dunha maneira moi sinxela e visual:


1. Competencia en comunicación lingüística (CCL)

2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)

3. Competencia dixital (CD)

4. Competencia para aprender a aprender (CAA)

5. Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

6. Conciencia e expresións culturais (CEC)

7. Competencias sociais e cívicas (CSC)


No que respecta aos niveis de concreción curricular, non hai consenso á hora de dicir cantos existen, pois algúns autores sosteñen que son tres niveis, mentres que outros consideran que existe tamén un cuarto nivel.

O primeiro nivel de concreción curricular é o máis xeral e consta das regulacións educativas impostas polo Ministerio de Educación, o Goberno do Estado e o Goberno autónomo. O segundo nivel correspóndese cos centros educativos e regúlase mediante o PEC e as programacións educativas. O terceiro nivel é competencia dos/das docentes, que programan as unidades didácticas e todos os aspectos relacionados cunha aula concreta. O cuarto nivel, que non todo o mundo coincide na súa denominación, é o máis concreto de todos e está formado polas adaptacións curriculares individualizadas (ACIs). Nesta imaxe extraída de Google podemos ver unha representación gráfica destes niveis:

Despois deste repaso, puxemos a proba os nosos coñecementos sobre as competencias que lles corresponden ás distintas administracións educativas mediante un Kahoot. A modo de resumo, realicei a seguinte infografía que recolle as principais competencias do Goberno de Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno autónomo e os centros.

En conclusión, no tema 5 afondamos nun contido que xa coñecíamos, o currículum, e estudamos as competencias que lles corresponden ás administracións educativas con respecto ao deseño curricular. Así mesmo, coñecemos o deseño curricular das linguas estranxeiras na LOE e na LOMCE para ESO, Bacharelato, FP e EOI, pero este apartado estudámolo a partir de actividades, polo que se explica no dossier do tema 5.

Comentarios

  1. Creo que fixeches un resumo esquemático moi bo dos contidos que vimos no tema cinco, e gustaríame mencionar a puntualización sobre a eliminación dos estándares de aprendizaxe que ven coa nova lei de educación. Se ben é certo que pode ser máis sinxelo ter esas especificacións á hora de avaliar, penso que non todo o alumnado traballa e progresa do mesmo xeito nin á mesma velocidade. Será interesante ver como funciona o currículo sen esta parte.

    Saudiña!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo teu comentario, Katrin. Si, a primeira vista parece máis sinxelo, pero haberá que ver como resulta na realidade. Unha aperta!

      Eliminar
  2. Estou moi impresionada coa infografía que fixeches de resumo porque para min non foi nada doado comprendelo, paréceme que está moi ben feita. En canto ás competencias clave, solo mencionar a maiores que non é necesario aplicar a CMCCT e a CSIEE nas clases de linguas estranxeiras. Dígoo porque cando me enterei quedei moi sorprendida con este dato, sobre todo coa CSIEE, xa que como ben se ve na súa infografía (grazas polo link porque queda todo moito máis claro) aspectos como saber comunicar ou diseño e implementación dun plan, entre outros, son cousas perfectamente posibles nunha clase de linguas estranxeiras, non si?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Lara! Grazas polo teu comentario. Si, estou de acordo contigo no que dis con respecto á CSIEE, considero que os aspectos que forman parte desta competencia pódense implantar facilmente en todas as clases, non só nas de linguas estranxeiras, pois á hora de realizar un proxecto sempre tes que ter iniciativa, creatividade, comunicarte...

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares