Benvid@s de novo a este
blog! Na entrada de hoxe falaremos sobre as actividades levadas a cabo nas
sesións do Tema 6. Os contidos deste tema estaban relacionados coas
programacións didácticas, polo que o profesor nos explicou os aspectos máis
importantes que deben ter estes documentos. Así mesmo, as explicacións
estiveron moi orientadas ás oposicións, pois puidemos ver e analizar todas as
partes da rúbrica que se utiliza para avaliar programacións e unidades
didácticas nos procesos selectivos de docentes de secundaria e de EOI.
Despois desta parte máis
teórica, comezamos coa primeira actividade do tema. Dividíronnos en pequenos
grupos de catro ou cinco persoas e tivemos que escoller unha programación
didáctica real para analizar. No meu grupo pensamos que sería interesante falar
da programación dalgún lugar coñecido, polo que decidimos que analizaríamos a
programación didáctica dun dos institutos nos que estudamos. Nun principio
botámoslle unha ollada a todos, pero decantámonos pola programación do instituto dunha
compañeira, o IES de Mos, porque pensabamos que non estaba demasiado completo e
que tería máis aspectos que comentar.
Para a análise, empregamos
a
rúbrica utilizada na avaliación
das oposicións, que contiña oito puntos: contextualización, coherencia,
cualificación, metodoloxías, atención á diversidade, plan lector e
transversalidade, avaliación da programación e calidade da defensa. Cabe
destacar que o último punto non o puidemos avaliar ao tratarse dunha
programación escrita dun centro. A modo de resumo, a programación non era
demasiado boa, pois a maioría dos puntos tratábanse de maneira moi xeral e sen
proporcionar situacións reais, que son as que realmente importan e as que fan
que unha programación sexa boa e adaptada ao seu alumnado. Así mesmo, os
elementos non estaban moi cohesionados. Aínda así, destacamos a orixinalidade e
claridade no formato e a súa adecuación á realidade da materia. Na segunda
sesión, todos os grupos presentamos as nosas análises, feito moi enriquecedor,
xa que cada programación era distinta ás demais e todas tiñan aspectos bos e
malos que nos axudan a asimilar como debería ser unha boa programación
didáctica. A continuación inclúo a nosa
análise completa e a
presentación que elaboramos en
Genially, por se lle queredes botar unha ollada!
Ao rematar as exposicións
orais, o docente propúxonos unha segunda actividade. Esta consistía en realizar
entre todos unha proposta de programación didáctica en formato «oposición» nun
documento de Drive compartido. Dividímonos en grupos e cada un encargouse duns
apartados concretos. No meu grupo fixemos os puntos correspondentes a
estándares de aprendizaxe, contidos mínimos, avaliación (criterios,
procedementos e instrumentos) e atención á diversidade. Para min, esta tarefa
contén información moi útil para o noso futuro. pero foi unha pena que
non contásemos con máis tempo para poñer en común toda a información de forma oral.
De todas formas, temos o
documento á nosa disposición para lelo e ter unha
referencia, que non é pouco!
En definitiva, as
actividades destas sesións parecéronme moi interesantes e, sobre todo, útiles,
xa que estaban enfocadas ás oposicións, o futuro que en principio nos espera a
todas as persoas deste mestrado se queremos impartir clases nunha institución
educativa pública.
Ola, Sabela! Moitas grazas polo teu comentario. Si, a programación do IES de Mos non era perfecta, pero como vimos, todas tiñan os seus puntos positivos e negativos. Alégrome de que che servisen de axuda as ligazóns que inclúo e concordo contigo en que é unha sorte poder ter a man todos os documentos dos grupos para mellorar. Un bico!!
ResponderEliminar