TEMA 11 DIDÁCTICA
Benvid@s de novo a este blog! Na entrada de hoxe falaremos sobre o Tema 11 . A avaliación adoita ser a parte menos agradable da docencia e a que eu, antes destas sesións, vía como a parte máis aburrida. Se pensades coma min, quedádevos a ler a entrada e quizais cambiedes de opinión! A avaliación é a recollida sistemática de datos para valorar os coñecementos, atitude e rendemento dunha persoa no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Existen tres tipos de avaliación: inicial, formativa e sumativa. A avaliación inicial ou diagnóstica realízase ao comezo dunha materia para coñecer o punto de partida do alumnado e as súas capacidades para así adaptar a nosas clases a eles. A avaliación formativa realízase ao longo das clases e monitoriza a aprendizaxe do alumnado para proporcionar feedback contínuo. Esta avaliación permite identificar os puntos fortes e débiles e así centrarse nos puntos que necesitan reforzo. En último lugar, na avaliación sumativa ou final sumamos todos os resultados